Concello de Sanxenxo - Sanxenxo amplía a listaxe de areais libres de fume
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A prohibición de fumar nas praias é unha tendencia cada vez máis estendida e o número de areais libres de fume vai aumentando paulatinamente. A prohibición de fumar non só é unha medida sanitaria para loitar contra o tabaquismo, senón que tamén combate a contaminación que supoñen as cabichas nos areais.

No noso municipio, eran 4 as praias inscritas no programa Praias sen fume da Consellería de Sanidade (Silgar, Panadeira, Baltar e Caneliñas). Este verán, a Concellería de Medio Ambiente amplía esa listaxe ata os 10 areais, sendo os seguintes:

- Panadeira.
- Silgar.
- Baltar.
- Caneliñas.
- Espiñeiro-A Lanzada.
- Areas Gordas.
- A Lapa.
- Foxos.
- Nosa Sra.
- Major.

A participación neste programa é voluntaria, e Sanxenxo comprométese a desenvolver unha serie de actividades e accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco. Ademais, sinalizaranse estas praias con materiais facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

0
0
0
s2sdefault