Concello de Sanxenxo - O GOBERNO CUMPRE O SEU COMPROMISO DE REDUCIR A TAXA DE LIXO E CONXELAR OS PRINCIPAIS IMPOSTOS E TAXAS MUNICIPAIS.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno reduce nun 4,17% a taxa da recollida de lixo, conxela o IBI, as taxas de gardería, centro de día, actividades extraescolares e actualiza, segundo IPC, as taxas dos servizos de auga e saneamento que xestiona a empresa concesionaria.

O goberno chegou a un acordo con Sogama que lle permite reducir a taxa de lixo un 4,17% a aplicar desde o 1 de xaneiro de 2019. Como o acordo produciuse xa moi avanzado o 2019, en 2020 reducirase a taxa un 8,34% para compensar a baixada que non se aplicou en 2019. En 2021 a taxa recollerá unha redución do 4,17%, pero con respecto á cantidade que se pagaba en 2019 e non a 2020 que incluirá a compensación de 2019.

Para que se entenda, porque é un pouco técnico, en 2019 unha vivenda en Sanxenxo pagou 91,33 €. En 2020 ao aplicarlle unha redución do 8,34% pagará 83,71 €. Pero en 2021 pagará 87,52 €, a cantidade que corresponde de aplicar unha redución do 4,17% sobre os 91,33 € de 2019. Ata o 2023 a taxa manterase nos 87,52 € cumprindo o compromiso electoral de reducir a taxa con respecto a 2019 (91,33 €)

Sanxenxo aplica un IBI do 0.40%, o mínimo posible, grazas ás dúas reducións que promoveu o PP na pasada lexislatura. A primeira, desde a oposición, do 0,48% ao 0,44% e a segunda, xa desde o goberno do 0,44% ao 0,40%. Os concellos teñen a potestade de aplicar un índice sobre o valor catastral dos inmobles que pode oscilar entre un mínimo do 0,40% e un máximo do 1,20%.

En 2020 Sanxenxo conxela o IBI e as taxas das dúas garderías, do centro de día e as actividades extraescolares. Tamén se actualizan as taxas relativas ao abastecemento de auga e saneamento, un 0,5% segundo o IPC de xullo mes que todos os anos utilízase de referencia, como establece o contrato de concesión destes servizos.

 

 

0
0
0
s2sdefault