Concello de Sanxenxo - O CIM REPARTE O XOGO DA IGUALDADE.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Desde o Centro de Información ás Mulleres, da Concellería de Servizos sociais, púxose en marcha unha campaña sobre a igualdade.

Dentro desta campaña propúxose a creación dun xogo da igualdade. O Centro de Arte Municipal, levou a cabo o pintado deste xogo nas inmediacións do Pazo Emilia Pardo Bazán.

Agora, elaborouse ese xogo en formato físico, para repartir nos diferentes edificios municipais, no taller de memoria, na escola de adultos, nas ludotecas, nas bibliotecas, centro de día, asociacións de mulleres, etc.

Trátase dun xogo, tanto para público infantil como adulto, cunha forma de xogo similar ao tradicional xogo da oca, pero adaptado á temática da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O obxectivo é que pequenos e maiores tomen consciencia da importancia da incorporación da perspectiva de xénero nos actos máis simples da nosa vida cotiá. Por este motivo o concelleiro de servizos sociais, Daniel Arosa: “espera que este xogo achegue de forma sumativa ao traballo diario en prol da igualdade como forma básica e fundamental de prevención das violencias machistas.”

Levar a cabo esta actividade foi posible grazas á axuda da Secretaria Xeral de Igualdade e ao Fondo Social Europeo, con cargo ao Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo pacto de estado contra a violencia de xénero para o ano 2019.

 

0
0
0
s2sdefault