Concello de Sanxenxo - A EMPRESA SERVINAUTA DONARÁ Ó CONCELLO DE SANXENXO 20.000 MASCARILLAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A iniciativa solidaria dun empresario local, Jose Luís Filgueira, dotará ao Concello de Sanxenxo de 20.000 novas máscaras. A primeira remesa de 3.000 unidades chegou o martes ás oficinas de Servinauta, a firma de reparacións náuticas e servizos para embarcacións situada no Porto Deportivo Juan Carlos I e algunhas xa foron repartidas entre o persoal de distintos departamentos municipais como Emerxencias, Policía Local e Nauta. Filgueira explica que se trata de achegar o seu gran de area cun ben escaso nestes momentos no comercio de proximidade.

Unha idea, que destaca o xerente de Servinauta, contou cunha colaborador clave, Juan Chaparro, directivo dunha multinacional téxtil e veciño de Sanxenxo que se encargou de porlle en contacto cos provedores das máscaras e abriulle as canles de distribución. O noso primeiro pedido fixémolo a Turquía e paralizáronnolo. Agora veñen de China en paquetes de 400 unidades e o máis complicado é a loxística e os permisos de aduanas. Diariamente, chégannos á oficina entre seis e sete paquetes, explica.

Filgueira explica que non descarta realizar novos pedidos se fose necesario e mesmo recadar fondos para novas adquisicións porque se mostra convencido de que cando se supere esta crise, as condicións de seguridade e hixiene serán decisivas. Nós xa traballamos nun novo protocolo de seguridade e de incremento das medidas hixiénicas pola saúde dos nosos clientes e dos traballadores, apunta.

A firma Myagal con Guillermo Senra á fronte tamén quixo colaborar coa achega de 60 litros de xel hidroalcohólico e 1.000 pares de luvas doadas ao Concello e que se repartirán entre os departamentos municipais.

O alcalde, Telmo Martín, destaca a importancia destas iniciativas solidarias. Estes dous exemplos e outras experiencias como as mascarillas demostran o compromiso da sociedade civil nunha situación tan difícil como esta e sen precedentes, sinala.

 

 

 

 

0
0
0
s2sdefault