Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL DE SANXENXO CONTABILIZA UN TOTAL DE 4.755 CONTROIS E TAN SÓ 33 DENUNCIAS TRAS DECRETARSE O ESTADO DE ALARMA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Policía Local de Sanxenxo leva realizados un total de 4.755 controis a coches e peóns tras decretarse o estado de alarma e ordenar o confinamento da poboación. Os operativos de vixilancia nos accesos e puntos máis concorridos da cidade, algúns deles en colaboración coa Garda Civil, intensificáronse até os 3.075 durante esta semana Santa para frear posibles desprazamentos desde outros puntos da comarca e da xeografía española. A pesar do incremento de controis durante este período, Sanxenxo mantén o nivel de denuncias por baixo do 1% ao sumar 33 no cómputo global, 21 rexistradas durante a última semana coincidindo tamén cun aumento dos operativos de vixilancia. A Policía Local de Sanxenxo recolle estes datos no informe de balance de actuacións no que destaca o bo comportamento cidadán debido ao baixo rexistro de actas de infracción.

En canto á orixe dos denunciados, vinte dos expedientes tramitados pertencen a veciños de Sanxenxo, oito a persoas procedentes doutros concellos galegos e cinco de fóra de Galicia, concretamente de Burgos, Madrid e Tenerife. En canto ao tipo de controis, dezaoito foron denuncias a vehículos que se atopaban realizando desprazamentos sen xustificación, catorce, a peóns por incumprir o confinamento e unha, a un establecemento.

Cabe destacar tamén durante este período de Semana Santa o incremento de denuncias de particulares sobre posibles casos de incumprimentos do estado de alarma en distintos puntos do municipio que concluíron no 96% das comprobacións realizadas pola Policía Local en falsas alarmas.

 

0
0
0
s2sdefault