Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO E RESERVA NAS ESCOLAS INFANTÍS DE O TOMBO E O REVEL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo abre mañá o prazo de presentación de solicitude de novo ingreso e reserva nas escolas infantís municipais de O Tombo e O Revel. O prazo permanecerá aberto até 15 de xuño. Os modelos de solicitude serán facilitados no rexistro municipal ou poderán descargarse na web do Concello www.sanxenxo.es e, unha vez completados e coa documentación requirida, deberán ser entregados de igual forma por ambas as canles. Se se elixe a modalidade electrónica será precisa a identificación a través de certificado electrónico ou coa clave de usuario e contrasinal.
As gardarías municipais permanecerán pechadas até o próximo curso como medida preventiva fronte ao Covid 19. O Concello advirte que debido á situación sanitaria actual o número de prazas dispoñibles así como a incorporación do alumnado ás escolas poderían sufrir variacións segundo as directrices que marquen as autoridades competentes. 
As matrículas ou reservas presentadas fóra de prazo non terán validez. Só contémplanse tres excepcionalidades nas que se tramitaría: Nacemento ou adopción do neno ou nena con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, cambio de concello de residencia da unidade familiar e outras circunstancias sociofamiliares e laborais que estean debidamente justificadas.
O Concello de Sanxenxo conta coas escolas infantís municipais de O Tombo e O Revel. As escolas infantís teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas e de expresión e comunicación dos nenos con idades comprendidas entre os 3 meses e o tres anos. Mediante actividades educativas e lúdicas e de acordo co seu nivel madurativo, os nenos adquiren progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos. Ambas as escolas contan con servizo de comedor con cociña nas propias instalacións.

 

0
0
0
s2sdefault