Concello de Sanxenxo - UN TOTAL DE 43 FAMILIAS SOLICITAN PRAZA NO PLAN CONCILIA SANXENXO QUE SE CENTRALIZARÁ NO PAVILLÓN DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 43 familias inscribíronse no plan Concilia Sanxenxo posto en marcha polo Concello entre o 1 de xullo e o 31 de agosto co obxectivo de axudar aos veciños do municipio a compaxinar a vida familiar e laboral. A proposta está adaptada á actual situación sanitaria e coas medidas de hixiene e protección necesarias para garantir o desenvolvemento da actividade. Das familias anotadas, 37 solicitan xullo e agosto, mentres que 3, só xullo e outras 3, só agosto. O horario será de luns a venres de 8 a 14:30 horas e non haberá servizo de comedor.
Axustando a demanda aos espazos posibles para o desenvolvemento da actividade, o goberno local ha decidido centralizar o plan no pavillón de Baltar mantendo o cociente prevista dun monitor por cada dez participantes e dúas persoas de reforzo que velarán porque se cumpran as medidas de seguridade. Serán obrigatorios o uso de máscara que será facilitada polo Concello de Sanxenxo será e unha declaración de saúde diaria de cada participante á entrada das instalacións.

A actividade desenvolverase en catro equipos, distinguidos por cores, que terán asignado un espazo no pavillón e un monitor que se manterá co mesmo grupo durante todo o plan. En canto á programación, a xornada comezará con xogo libre, pero sempre por grupos, e, a continuación, desenvolverase a sección Activity con cancións e bailes con coreografías deseñadas cada día por un monitor.

Durante cada xornada realizaranse talleres de distinto tipo para deseñar viseras ou llaveros con materiais variados, murais, xogos de auga, bingo e disporán dun proxector para ver películas os días que o tempo non acompañe. Tamén gozarán dos xogos con pelota, cordas ou aros e das saídas para gozar dos espazos abertos.

Prazos
A Concellería de Educación colgará a partir de hoxe a listaxe dos admitidos e, entre as 9 e as 14 horas poderanse realizar as reclamacións telefónicas oportunas. Desde hoxe día 26 e até o 30 será o prazo de entrega da documentación requirida que se poderá enviar por correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou de forma presencial entre as 8 e as 12 horas.

0
0
0
s2sdefault