Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO ABRE UN PRAZO EXTRAORDINARIO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DO PLAN CONCILIA ATÉ O 6 XULLO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade deu comezo hoxe no pavillón de Baltar cunha programación variada e cumprindo con estritas medidas de seguridade

Sanxenxo, 1 de xullo de 2020 -. O Concello de Sanxenxo abre un prazo extraordinario de solicitude de inscrición do Plan Concilia até o 6 de xullo despois da baixa de varias familias. A actividade que deu comezo hoxe no pavillón de Baltar cunha programación variada e cumprindo con todas as medidas de seguridade, abre a partir de mañá unha nova convocatoria. Os interesados deben entregar na seguinte ligazón https://bit.ly/prazoextraordinarioConciliaSanxenxo. A lista de admitidos publicarase na páxina web do Concello de Sanxenxo o próximo 8 de xullo. Ese mesmo día atenderanse as reclamacións no teléfono 986 727 936 entre as 9 e as 14 horas.

Para garantir o cumprimento do protocolo de seguridade da actividade que se desenvolverá no pavillón de Baltar, os participantes deberán acudir con máscaras que serán facilitadas polo Concello de Sanxenxo e será obrigatorio unha declaración de saúde diaria de cada participante á entrada das instalacións, así como o control de temperatura se fose necesario.

As familias que opten a este servizo deberán cumprir unha serie de requisitos como que estean empadroados no municipio, que os proxenitores sexan traballadores por conta propia ou allea e/ou que justifiquen a contratación os meses de xullo e agosto. A adxudicación das prazas realizarase segundo un baremo no que se puntuará con 6 puntos, as solicitudes para os dous meses; con 3, as que se pidan para un mes, e concederase 1 punto por cada irmán menor de 16 anos.

O Concello establece un sistema de cotas, segundo a circunstancia de cada familia, que en ningún caso supera os 250 euros polos dous meses e que no caso máis vantaxoso sería de 150 euros polas dúas mensualidades. Ademais, aplicarase un desconto dun 15% na cota no caso de familias nas que un dos proxenitores ou os dous teñan un contrato inferior a seis meses.

0
0
0
s2sdefault