Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REFORZA O SERVIZO DE SALVAMENTO NAS PRAIAS CUNHA LANCHA MÁIS, NOVE DESFIBRILADORES E TERMÓMETROS INFRAVERMELLOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo logrou este ano a Distinción Temática por Salvamento e Socorrismo, un selo co que só contan catro municipios en España

O esforzo e a constancia do Concello de Sanxenxo na súa aposta polo salvamento e o socorrismo en praias viuse recoñecido este ano pola Adeac cun distintivo temático co que tan só contan catro municipios españois entre os que se atopan Benissa (Alacante), Conil de la Frontera (Cádiz) e Miramar (Valencia).

O reforzo de persoal en praias que este ano contarán con 132 persoas ao sumarse unha nova figura, a de informador, irá acompañado de máis medios. Así o Concello de Sanxenxo vai reforzar o seu servizo de Salvamento con nove desfibriladores que se sumarán aos 8 dos que xa dispón e dotará cun deles a cada unha das lanchas que realizan a vixilancia por mar. A frota do servizo de salvamento contará este ano cunha lancha máis que permitirá dividir o control en dous tramos: Unha encargarase da vixilancia desde Area de Agra até Paxariñas e a outra desde Montalvo até A Lanzada, cubrindo desta forma o litoral do municipio.

Os módulos de socorristas dispoñen este verán de termómetros infravermellos para medir a temperatura a distancia, de táboas de rescate, de oxímetros e de férulas semirrígidas. Ademais, este verán para evitar o contacto cunha posible vítima na praia, a respiración asistida non se realizará a través de máscara RCP senón a través de balón ventilatorio.

Drones
O control e vixilancia das praias contará este verán tamén con catro drones que sobrevoarán a costa do municipio. A adquisición destes sistemas saíu a concurso ao que se presentaron tres empresas. O adxudicatario provisional realizou unha oferta de 37.811 euros (IVE incluído) e o proceso debería concluír a principios da próxima semana.

0
0
0
s2sdefault