Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECOLLE 11 Q DE CALIDADE TURÍSTICA PARA AS SÚAS PRAIAS E UNHA PARA NAUTA SANXENXO POLA SÚA XESTIÓN DO PORTO DEPORTIVO XOÁN CARLOS I
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, recolleu onte en Madrid as 11 Q de Calidade Turística para as súas praias e unha para Nauta Sanxenxo pola súa xestión do porto deportivo Juan Carlos I. O distintivo que o Instituto para a Calidade Turística outorga todos os anos ás praias e instalacións náutico-deportivos que rozan a excelencia destacou o esforzo do concello na procura de calidade e que un ano máis se converta no segundo municipio con máis distintivos deste tipo de España.

Sanxenxo confía en poder aumentar o número destes selos este verán coa Q de Calidade Turística para a praia de Panadeira que nos últimos días está a someterse a unha auditoría que determinará se finalmente cumpre cos estritos controis de calidade e excelencia que marca o organismo da Secretaria Xeral de Turismo cada ano.

Os areais que ondearán esta bandeira son A Lapa, Areas, Canelas, Caneliñas, Baltar, Silgar, Montalvo, Major, Areas, Foxos e Pragueira. O edil de Medio Ambiente incide en que ?Sanxenxo segue apostando pola calidade como aceno de identidade e cremos que ese debe ser o camiño a seguir?.

E é que Sanxenxo tamén ocupa o segundo posto se se contabilizan as Q de Calidade Turística que se outorgan a establecementos hostaleiros, de restauración e a oficina de Turismo que ascenden a 34. En total, suman 46 Q de Calidade.

Normalidade nas praias
Doutra banda, o alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, realizaron este fin de semana unha visita ás praias para falar cos socorristas e acomodadores e coñecer de primeira man a situación nos areais onde, salvo casos excepcionais, a normalidade e a responsabilidade dos bañistas foron a tónica xeral. Os acomodadores realizaron as recomendacións pertinentes e a resposta dos bañistas foi positiva nos 17 areais con bandeira azul.

No caso de Silgar, a distribución da area realizada hai unhas semanas incrementou substancialmente o aforamento na praia tanto en primeira liña como nos extremos do areal. Ese incremento do espazo, sumado a unha menor afluencia de bañistas dun verán habitual ou de mediados de mes, está a facer que non se teña a necesidade de facer uso das cuadrículas de forma masiva e póidase ocupar o areal mantendo as distancias de seguridade. De cara ao próximo fin de semana, onde se prevé que o número de visitantes creza, o goberno limitará as entradas para poder ter un maior control dos accesos e no caso de que o espazo libre de cuadrículas complete o seu aforamento, obrigará aos bañistas a situarse nas parcelas se desexan gozar do sol no areal.

 

0
0
0
s2sdefault