Concello de Sanxenxo - POLICÍA LOCAL E GARDA CIVIL REFORZARÁN OS CONTROIS NO OCIO NOCTURNO E NAS TERRAZAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O cumprimento de aforamento dos establecementos e o uso obrigatorio de máscara será visto con lupa este verán e, de forma especial, no ocio nocturno e nas terrazas de Sanxenxo e Portonovo onde se comprobou unha maior relaxación das normas anti-Covid. A coordinación e os operativos conxuntos da Policía Local e a Garda Civil serán claves para lograr un verán seguro no municipio.

O alcalde, Telmo Martín, xunto ao concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, mantiveron esta semana un encontro cos oficiais da Policía Local, Marcial Juviño e Manuel Parga, e o capitán xefe da Garda Civil de Pontevedra, Pablo Lorenzo; o comandante do posto en Sanxenxo, Vicente Beiras, e o tenente adxunto de Vilagarcía, Eloy Torres.

Durante o encontro acordouse, como xa viña facendo até agora, coordinar os operativos, de forma especial o fin de semana, e reforzar e intensificar os controis no lecer nocturno onde se detecta unha maior problemática. O cumprimento dos horarios será outra das cuestións sobre as que se exercerá un maior control do mesmo xeito que nos areais onde se pediu tamén a colaboración da Garda Civil.

A boa coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil que xa viña sendo habitual durante os últimos veráns, está a resultar agora aínda máis efectiva e con mellores resultados. Sanxenxo conta ademais este verán cun importante reforzo na Policía Local con dous axentes e un oficial por comisión de servizos e 47 auxiliares.

0
0
0
s2sdefault