Concello de Sanxenxo - SANXENXO PRESENTA O SISTEMA DE MONITORIZACIÓN DE INDICADORES DE TURISMO SUSTENTABLE CREADO POR SEGITTUR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O plan incorpora datos de consumo de auga, así como de chegadas de turistas, ocupación hostaleira e tráfico aéreo

Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación do seu Sistema de Monitorización de Indicadores de Turismo Sustentable, desenvolvido por Segittur, froito do acordo asinado entre ambas as entidades o pasado mes de setembro.

Nun acto conxunto, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o presidente de Segittur, Enrique Martínez, coincidiron en que o sistema convértese  nunha ferramenta crave no proceso de toma de decisións para o deseño de medidas que mellorarán a eficiencia enerxética, redución do consumo da auga, así como das emisións de CO2.

Esta primeira fase da plataforma inclúe datos de calidade da auga das praias, consumo de auga, movementos turísticos, ocupación hostaleira e tráfico aéreo. En canto á calidade da auga darase información das 17 praias do Concello de Sanxenxo procedente de vixilancia sanitaria, na que se mide o nivel de enterococos intestinais e escherichia coli.

Será a partir de setembro cando se inclúan datos relativos a consumo de electricidade, residuos e estacionalidade no consumo de servizos. Tamén está previsto incorporar datos de mobilidade orixe-destino procedentes de distintos medios de transporte e telefonía, así como información relativa ao gasto en destino.

Entre os beneficios de contar cun sistema destas características para Sanxenxo destaca a posibilidade de ter un mellor coñecemento do sector turístico máis aló dos datos, o que contribuirá á toma de decisións mellor informadas, tanto desde o punto de vista da xestión como da promoción, explicou Enrique Martínez.

Pola súa banda, o alcalde de Sanxenxo destacou que esta plataforma vai contribuír a reorientar o modelo turístico cara á sustentabilidade, non como un valor engadido, senón como requisito para que o turismo poida continuar sendo un motor de desenvolvemento económico e social para a localidade.

Durante o acto, o presidente de Segittur tamén presentou a actualización do Manual de Semántica para os Destinos Turísticos co obxectivo de lograr unha comunicación homoxénea nos destinos intelixentes que de confianza ao turista ante o COVID-19 en todo o ciclo de vida da viaxe. Este proxecto foi realizado por Segittur no marco dun grupo de traballo integrado por Sanxenxo, Santa Susanna, e Conil, tres destinos da Rede DTI.

O alcalde, Telmo Martín, mostrou a súa satisfacción porque Sanxenxo fose un do tres destinos nos que se probou a norma. Unha iniciativa que vai contribuír a transmitir maior confianza respecto da situación do destino, tanto aos turistas como aos visitantes. Sanxenxo utilizará este novo código de comunicación para todas as canles nos que promociona e informa o destino.

O grupo de traballo identificou a información relevante relativa ao Covid-19 que un destino turístico necesita comunicar aos seus visitantes durante todo o ciclo de viaxe, así como ós seus propios residentes. Para iso, sistematizou a información usando como base a Semántica de Destino Turístico Intelixente, vocabulario para sistemas dixitais definido en 2019 e recolleito na norma UNE 178503.

O manual incorpora novas categorías de vocabulario que melloran a confianza e seguridade dos turistas. Por exemplo, un turista poderá coñecer previamente os consellos que o destino quere comunicarlle co fin planificar a súa viaxe correctamente, saber durante a súa estancia as regras de seguridade sanitaria de obrigado cumprimento de cada un dos lugares que visita, e ter a seguridade de coñecer toda a infraestrutura sanitaria e servizos de emerxencia á súa disposición.

0
0
0
s2sdefault