Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTARÁ CUN ORZAMENTO DE 3,2 MILLÓNS PARA 2021
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O orzamento inclúe unha partida de axudas á economía local e o impulso de proxectos que se financiarán plurianualmente en colaboración con outras administracións 
 
O Concello de Sanxenxo preferiu esperar a coñecer a admisión do recurso do Supremo sobre a expropiación da parcela dos Rocafort e a evolución da pandemia para elaborar o orzamento xa que estes factores poderían condicionar a súa elaboración, aínda que finalmente non foi así.  O orzamento de 2021 suma 31.273.861 euros, o que supón 4 M€ menos que en 2020 e distribúese entre as entidades e organismos que conforman o Concello: Entidade Local 19,4 M€, Terra 5,1 M€, Turismo de Sanxenxo 2,1 M€, Nauta 2,9 M€ e Insula 1,7 M€. Contempla unha amortización ordinaria de débeda de 570.000 €, máis unha extraordinaria de 1.230.000 € con cargo ao remanente o que permitirá que a final de ano a débeda de Sanxenxo sexa cero. 
 
O ano pasado a pandemia obrigou a conxelar os investimentos, destinando a maior parte dos recursos a actuacións e medidas sanitarias e de seguridade. A situación cambiou e as vacinas permitirán unha recuperación da actividade económica e turística no segundo semestre. O Concello pode así renovar as actuacións que quedaron suspendidas pola pandemia, proxectos que se financiarán plurianualmente e en colaboración con outras administracións. 
 
O orzamento destina 361.000€ para as axudas directas ao sector económico e turístico. No capítulo de investimentos inclúese unha partida de 400.573€  para a humanización da contorna do colexio e o mercado de Portonovo. Un proxecto, valorado nuns 900.000 euros, que se realizará en colaboración coa Deputación. Outros 169.000 ? destinaranse á mellora do viario de Contumil, Nantes, proxecto cofinanciado polo Plan de Concellos e valorado en 506.000€. E, por último, 231.000€ para a segunda fase do Pazo de Quintáns. 
 
Proxectos que se financiasen con outros recursos son a nova sede de Emerxencias e a Policía Local no parque empresarial, a segunda fase do pavillón de Nantes, a praza de Vilalonga, o campo de fútbol de Dorrón e o recinto de festas desta parroquia.       
 
En definitiva, o orzamento de 2021 recupera a normalidade que quedou interrompida pola pandemia e as súas consecuencias sobre a economía, especialmente, a actividade turística e que obrigou a destinar moitos recursos económicos a medidas extraordinarias de seguridade sanitaria.                                   
 
 
0
0
0
s2sdefault