Concello de Sanxenxo - SANXENXO DUPLICA A CIFRA DE RECICLAXE MARCADA POLA CAMPAÑA "ÚNETE AO RETO" E LOGRA 2.000 EUROS QUE DESTINARÁ A CÁRITAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo duplicou a cifra de recollida de envases lixeiros marcada pola campaña "Recicla. Únete ao reto" levada a cabo pola Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ecoembes. A iniciativa á que se adheriron 15 concellos expuña un reto: Incrementar un 10% a recollida de envases no colector amarelo, durante os meses febreiro, marzo e abril, respecto ao mesmo período de 2020.
 
O alcalde, Telmo Martín, xunto á conselleira de Medio Ambiente, Angeles Vázquez, e o delegado de Ecoembes en Galicia, Bruno De Llano, presidiron a entrega de premios que tivo lugar na Sala Nauta e á que acudiron representantes dos outros oito concellos que lograron superar o reto de reciclaxe. Arteixo, Lalín, Ourense, Ponteareas, Porriño, Ribeira, Tui e Viveiro xunto a Sanxenxo recolleron o cheque de 2.000 euros que destinarán a unha causa social. 
 
Sanxenxo entregará nos próximos días o premio a Cáritas recoñecendo " gran esforzo" que realiza a organización e o "papel tan importante" que desempeña o colectivo. O cheque foi recollido polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, que destacou o "papel decisivo dos veciños" na consecución do reto.
 
Durante o acto, Telmo Martín sinalou que a protección da contorna "tan privilexiada é unha prioridade" e potenciar a economía circular é o obxectivo para seguir mellorando as cifras de reciclaxe no municipio. "Debemos coidar ou noso patrimonio natural coa redución de residuos e cun tratamento axeitado", apuntou. Sanxenxo leva apostando nos últimos anos polas illas de colectores con até catro fraccións co obxectivo de facilitar aos veciños a separación dos residuos tanto nas vilas de Portonovo como Sanxenxo.
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault