Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LICITARÁ A 2ª FASE DA PISTA DEPORTIVA DE NANTES CO SEU PECHE EXTERIOR E A DOTACION DE ASEOS.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As obras, valoradas en 275.000€, contemplan o peche, os vestiarios, a iluminación, a ventilación e a rede de auga e saneamento. 
O peche exterior da pista polideportiva de Nantes é o principal obxectivo da segunda fase desta infraestrutura deportiva tan demandada polos veciños e, especialmente, polos alumnos do colexio de Nantes. 
Na primeira fase fíxose a pista e a cuberta cun investimento dun pouco máis de 200.000€. Agora vaise a facer o peche exterior dos 1.263 m2 de superficie que ten a pista a base de paneis de formigón de 16 cm de grosor e rastreles de aluminio. A carpintaría exterior componse de 12 xanelas coas súas mallorquinas, unha porta e un portal todo iso de aluminio anodizado azul. 
Esta actuación permitirá converter o que agora é unha pista polideportiva nun pavillón cos servizos propios deste tipo de instalación. Así contará con dous aseos e vestiarios, cada un deles con 3 duchas, 3 lavabos e 3 urinarios. Ademais, inclúe un almacén para gardar o material deportivo. 
A mellora contempla unha instalación eléctrica que entre outros elementos contará con 16 puntos de luz de led de 150 W para iluminar a pista deportiva. O proxecto tamén inclúe un sistema para a circulación do aire formado por 4 ventiladores, a dotación dunha rede de abastecemento de auga e saneamento e a urbanización exterior cunha beirarrúa de 170 m2.
O proxecto está valorado en 275.000€ que se suman ao investimento de 200.000€ da primeira fase cando se fixo a pista ea cuberta. Naquela ocasión financiouse con fondos do Plan Concellos da Deputación, mentres neste caso asumiraos o Concello con fondos propios, en concreto a modificación orzamentaria que o goberno vai levar ao Pleno do luns contempla unha partida de 275.000€. Entre os que destacan, 85.327€ do peche exterior, 52.559€ dos aseos/vestiarios, 34.912€ da carpintaría exterior e 22.480€ da instalación eléctrica.                 
0
0
0
s2sdefault