Concello de Sanxenxo - A SALA NAUTA ACOLLE A EXPOSICIÓN DA COLECCIÓN DE DEBUXOS "SANXENXO, MEMORIAS DO PASADO"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
As autoras, María Teresa Dopazo e María Rosa Lema, explican que a mostra xurdiu dos recordos da infancia e mocidade durante o confinamento
 
A Sala Nauta acollerá, desde este sábado e ata o próximo día 19, a exposición "Sanxenxo, memorias do pasado". A mostra permanecerá aberta en horario de mañá e tarde, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
 
Esta exposición está composta por máis de 40 debuxos realizados a carboncillo e rotulador por María Teresa Dopazo Sueiro, onde poderemos ver sitios icónicos e históricos da vila como a antiga Casa de Baños da praia de Silgar, o desaparecido centro histórico da Rúa A Unión, a antiga muralla do Pazo dos Duques de Patiño, pasando pola Comandancia da Mariña, Correos e Telégrafos ata as antigas ramplas do porto da vila, actualmente sepultas.
 
Tódolos debuxos estarán acompañados polos textos de María Rosa Lema Torres baseados nos seus propios recordos e conversacións con diferentes veciños ao longo do tempo. Retrincos, momentos e persoas, acompañan en forma de texto aos debuxos en branco e negro
 
A idea da realización desta exposición xurdiu durante a pasada corentena, partindo do recordo de dúas amigas polo Sanxenxo antigo. "Esta exposición naceu dos recordos que compartimos da nosa infancia e mocidade, onde a xente gozaba e traballaba a partes iguais, e onde crecemoss como persoas e familias", dixo.
 
Descargas:
Download this file (memorias do pasado.pdf)[PDF] MEMORIAS DO PASADO[ ]
0
0
0
s2sdefault