Concello de Sanxenxo - SANXENXO PREVÉ A INSTALACIÓN DE CARGADORES ELÉCTRICOS PARA COCHES, PATINETES E BICICLETAS EN NOVE PRAIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A proposta inclúese na liña de mellora de eficiencia enerxética dos fondos europeos Next Generation
 
Reforzar os servizos de mobilidade sustentable nas praias, favorecer a interconexión do territorio e diferenciar o destino turístico son tres dos obxectivos que o goberno local busca coa instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos. A proposta que opta aos fondos europeos Next Generation na liña de mellora de eficiencia enerxética expón a colocación de 2 prazas para coche eléctrico de carga semirrápida 22Kw nos areais de Foxos, Montalvo, Major e Areas. Reforzarase a sinalización horizontal do aparcadoiro. 
 
Os cargadores de bicicletas e patinetes instalaranse nas praias de Silgar, Baltar, Canelas, Caneliñas e Panadeira con 6 puntos de conexión para patinetes e bicicletas eléctricas con tomas 220V. Estes puntos de recarga permitirán dispor dun lugar para aparcar as bicicletas e os patinetes con seguridade coa súa correspondente batería mediante unha instalación de placa solar. 
 
A fronte litoral de Sanxenxo e o percorrido polas súas praias é un ámbito onde é preciso implementar novos modelos de mobilidade sustentable que contribúan a transformar a mobilidade interurbana e a reducir a conxestión do tráfico nos puntos de interese turístico.  A posta en marcha e implantación desta medida está valorada en 97.000  euros.
 
 
Smartguide Sanxenxo 365
Dentro do eixo programático de transición dixital dos fondos europeos, Sanxenxo propón a creación unha guía interactiva dos recursos turísticos dos que dispón o municipio. O usuario poderá elixir e deseñar rutas articuladas ao redor dos produtos diferenciais do destino: Turismo activo, birdwatching, enogastronomía, patrimonio cultural, spa, surf, vea... podendo modificalas e reorientalas conforme ás súas necesidades e preferencias. Incluirase información significante sobre as características do recurso e dificultade dos itinerarios. 
 
A tecnoloxía permitirá ao usuario elixir entre audiovisita ou modo lectura. A APP vincularase á experiencia RA A Lanzada. Tamén proporcionará un sistema de bonificación de fidelidade e a posibilidade de crear paquetes turísticos que poidan ser consumidos ao longo do ano.  
 
0
0
0
s2sdefault