Concello de Sanxenxo - MÁIS DE 10.000 PERSOAS VISITARON AS TRES BIBLIOTECAS DE SANXENXO NO ÚLTIMO ANO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A pesar da situación sanitaria e a redución de aforos, polas tres bibliotecas municipais de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga pasaron máis de 10.000 persoas no último ano. Cun fondo bibliográfico que supera os 50.000 títulos entre libros, películas e revistas, Sanxenxo é un dos municipios galegos cun maior número de oferta de bibliotecas. 
 
Dos 313 concellos de Galicia, 71 carecen de instalacións deste tipo, é dicir, 1 de cada 5 non teñen biblioteca. A aposta por ofrecer este servizo correspóndese coa súa alta demanda cun total de 6.659 socios inscritos no municipio, entre adultos e infantís. O número de usuarios é maior porque o carné de bibliotecas inscritas na rede galega é único para toda Galicia.
 
Cada ano, a Concellería de Cultura en colaboración coa Xunta realiza un investimento anual, que rolda os 30.000 euros, para a adquisición de novos títulos que permite satisfacer a demanda dos usuarios. Este ano, coincidindo co centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, o Concello completou a colección de libros con varios exemplares da autora. 
 
O plan de fomento da lectura instaurado na rede municipal conta cunha gran acollida e está formado por varios programas, como son: "Coñece a túa biblioteca", "Sábados Lectores", "Noite de terror" e a conmemoración puntual de días como o Día do Libro, Día das Letras Galegas, da Biblioteca ou Contos de Nadal.
 
En canto aos libros máis demandados están "Reina Roja" de Gómez Jurado; "Las hijas de la tierra" de Leceaga; "Sira" de María Dueñas. En películas, "Cars", "Los Minions"...En revistas as do moble, Sport Life ou "Muy Interesante"...En banda deseñada, Naruto, Polican Mortadelo ou Astérix.
0
0
0
s2sdefault