Concello de Sanxenxo - A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SANXENXO ARRINCOU O CURSO CO MAIOR NÚMERO DE MATRICULACIÓNS DA SÚA HISTORIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actividade comezou onte con 195 alumnos e 32 permanecen en lista de espera
 
A escola de música municipal de Sanxenxo arrincou o novo curso co maior número de matriculacións da súa historia. Un total de 195 alumnos, 187 nenos e nenas, e 8 adultos xa formalizaron a inscrición na actividade. Ao longo desta semana tratarase de dar resposta ás 32 persoas que quedaron en lista de espera en función da dispoñibilidade. A calidade educativa da escola, así como as axustadas tarifas da actividade son dous dos factores que contribuíron a duplicar o alumnado nos últimos tres anos.
 
O curso comeza con aforamentos limitados e 16 profesores para impartir as diferentes especialidades e materias: Oboe, frauta, clarinete, saxofón, fagot, trompa, trombón, tuba, violoncelo, percusión, guitarra, piano, linguaxe musical, educación musical, iniciación musical, música e movemento e contrabaixo.
 
O Concello fixo neste novo curso un importante esforzo económico para ampliar o material instrumental con 2 contrabaixos, 1 violoncelo, 2 oboes, unha mini trompa e diverso material de percusión (triángulos, crótalos, pandereitas, claves...).
 
O protocolo anticovid de 10 alumnos por aula mantense, só se reduce a distancia de 1,50 a 1,20 metros, do mesmo xeito que a desinfección tras cada clase grupal. E é que este curso se retoman as clases de coro e de conxunto instrumental, suspendidas en 2019 e 2020 pola situación sanitaria. A duración de cada materia varía en función das idades, de 50 a 90 minutos.
 
Os pais deberán recoller e deixar aos seus fillos e fillas á entrada do Pazo Emilia Pardo Bazán onde estarán habilitados itinerarios de entrada e saída diferenciados. "O protocolo funcionou moi ben ata agora e vámolo manter. Non tivemos nin un só caso Covid", explica Benjamin Dorado.
0
0
0
s2sdefault