Concello de Sanxenxo - SANXENXO INICIA A SÚA AXENDA EN FITUR CON NOVO MATERIAL TURÍSTICO DE PRAIAS, PATRIMONIO E PAISAXES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Dous grandes prismas con imaxes do municipio presiden a entrada ao pavillón institucional onde se sitúa o stand de Sanxenxo

O alcalde e concelleiro de Turismo, Telmo Martín, encabeza a representación institucional de Sanxenxo en Fitur, acompañado por Romina Fernández, coordinadora de Turismo. Á cita, que se prolongará ata o vindeiro domingo, desprazáronse, como xa vén sendo habitual en anos anteriores, representantes do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, hostaleiros, e empresarios do sector turístico do municipio.

Nesta edición, Sanxenxo estrea a cita con novo material promocional de praias, patrimonio e paisaxes que xa están ao alcance do visitante no stand propio do que dispón o municipio no pavillón 9 de Turismo de Galicia. Un ano máis, Sanxenxo conta tamén cun espazo de excepción á entrada do pavillón con dous grandes prismas de imaxes promocionais do destino turístico baixo a lema "Sanxenxo, 365 días diferentes". Ao longo da mañá, autoridades políticas como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Madrid, José Luís Martínez Almeida; ou a deputada popular, Ana Pastor visitaron o stand que este ano loce unha nova imaxe da praia de Foxos coa ermida da Lanzada ao fondo.

Coincidindo co Día de Galicia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou un atractivo programa do Xacobeo 2021-2022 baixo a lema Camiña a Galicia ante empresas e propostas de 107 países diferentes. Ao acto asistiron os representantes institucionais e económicos de Sanxenxo.

O obxectivo de Sanxenxo é continuar crecendo en tempada baixa e seguir sendo o primeiro destino vacacional do norte de España durante o verán. As cifras turísticas do ano pasado revelan un bo comportamento tanto en visitantes como en pernoitas ao longo de todo o ano. A pesar da pandemia, Sanxenxo mantivo o seu liderado e en termos numéricos supuxo o 17% das pernoitas de Galicia e o 35% da provincia.

 

0
0
0
s2sdefault