Concello de Sanxenxo - SANXENXO SUMA XA 52 SELOS "Q" DE CALIDADE DOS 312 QUE HAI EN TODA GALICIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde recolleu onte o distintivo da oficina de Turismo ao que se suman os 12 en praias, o de Nauta Sanxenxo e os 38 do sector privado

Seguir sendo un referente de destino de calidade é o obxectivo que mantén tanto ao Concello de Sanxenxo como as empresas do sector privado como referentes en distintivos que avalan a súa aposta pola excelencia turística. Sanxenxo suma xa 52 "Q" de Calidade das 312 que hai en toda Galicia e das 159 da provincia.

O alcalde, Telmo Martín, recolleu onte no acto convocado polo Instituto de Calidade Turística Española (ICTE) o distintivo para a oficina de Turismo, ao que se suman o de Nauta Sanxenxo e as 12 en praias. A estes do sector público hai que sumar os 38 que xa suman distintos establecementos de hostalaría, servizos turísticos e aloxamentos do municipio que manteñen a súa incansable aposta pola calidade dos seus servizos e un alto nivel de esixencia.

A Q de calidade é unha marca que garante a calidade dos produtos e servizos ofrecidos polos diferentes establecementos do sector turístico. Este selo está recoñecido no ámbito nacional e internacional e certifica que o establecemento que o ostenta superou unhas probas rigorosas e obxectivas no seu compromiso coa calidade. Está promocionada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e é expedida polo Instituto para a Calidade Turística Española-ICTE.

Dos 19 areais galegos recoñecidos coa Q de Calidade, 12 están en Sanxenxo: A Lapa, Areas, Areas Gordas, Baltar, Canelas, Caneliñas, Major, Montalvo, Panadeira, Silgar, Foxos e Pragueira. A Estes recoñecementos súmanse ás 17 praias con bandeira azul, os 6 sendeiros azuis, o porto deportivo Juan Carlos I e A Telleira. Ademais doutras dúas bandeiras que non dependen do Concello, pero son igualmente importantes, como os clubs náuticos de Sanxenxo e Portonovo.

0
0
0
s2sdefault