Alumnos da materia de Valores de 5º de Primaria expuxeron no salón de plenos municipal un traballo de investigación do municipio
Escolares do CEIP de Portonovo presentaron onte no salón de plenos do Concello de Sanxenxo un traballo de investigación sobre o rueiro municipal. Acompañados de profesores, familias e concelleiras de goberno propuxeron a inclusión de máis nomes de muller e mesmo de traballos ou actividades vinculados ás mulleres, como o de redeira. A concelleira, Paz Lago, comprometeuse en nome do goberno a tomar nota e a que pronto unha nova rúa leve o nome dunha veciña merecedora deste recoñecemento ou unha actividade tradicionalmente feminina. O estudo e traballo de campo realizouse ao longo do curso na materia de Valores impartida por Fernando Aguín.
ESCOLARES DE PORTONOVO PROPOÑEN INCLUÍR MÁIS NOMES DE MULLER NO RUEIRO MUNICIPAL

powered by social2s