Concello de Sanxenxo - O ALCALDE RECIBE NO CONCELLO A UNHA DELEGACIÓN DE EURODEPUTADOS INTERESADOS POLO MODELO TURÍSTICO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



Celebraron que o municipio estea a aproveitar "ao máximo" os fondos de recuperación europeos

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, recibiu estes días no Salón de Plenos a un grupo de eurodeputados españois do Partido Popular interesados polo modelo turístico do municipio e o valor económico e social do patrimonio cultural. A visita enmárcase dentro da celebración das xornadas "Os Camiños de Santiago e outros itinerarios culturais: Visións desde Europa" que tiveron lugar en Santiago de Compostela.

Ademais do eurodeputado Francisco Millán Mon, que é presidente do Intergrupo "Patrimonio cultural europeo, Camiño de Santiago e outras rutas culturais europeas" na Eurocámara, na recepción tamén estiveron a portavoz do PP no Parlamento Europeo, Dolors Montserrat, Pilar del Castillo, Juan Ignacio Zoido, Leopoldo López Gil e Gabriel Mato, así como europarlamentarios procedentes de Croacia, República Checa, Hungría, Italia e Portugal.

Martón agradeceu a visita a Sanxenxo e aproveitou para valorar o seu papel, como deputados ao Parlamento Europeo, na aprobación dos fondos de recuperación Next Generation EU. "Sanxenxo é un dos concellos incluído nos beneficiados do Programa de Sustentabilidade Turística, que contará cunha subvención de dous millóns de euros. Aspiramos tamén a captar fondos europeos para o colexio de O Cruceiro e a reforma do Pazo Emilia Pardo Bazán", apuntou. O alcalde tamén lembrou que o Concello foi pioneiro na aprobación dun Plan de Medidas Antifraude para a xestión dos fondos Next Generation.

Pola súa banda, os eurodeputados celebraron que Sanxenxo estea a aproveitar "ao máximo" as oportunidades de financiamento dos fondos europeos de recuperación.

0
0
0
s2sdefault