Concello de Sanxenxo - CONSUELO GARCÍA DE VICUÑA RECIBE A VISITA DO ALCALDE E DA CONCELLEIRA DE MAIORES POLO SEU 104 ANIVERSARIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Naceu en Navarra, pero desde fai seis anos vive coa súa filla e o seu xenro en Sanxenxo

Sanxenxo, 15 de abril de 2024.- Acompañada da súa familia e feliz, Consuelo García de Vicuña cumpre hoxe 104 anos con apenas achaques médicos e con moi boa memoria. A súa receita "Comer un allo en xaxún todos os días e rezar." "É moi devota do Corazón de Jesús e reza o rosario todos os días", conta a súa filla María Jesús. O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, desprazáronse esta mañá ata a súa casa, en Avenida de León, para felicitala e entregarlle un ramo de flores.

Consuelo García de Vicuña naceu en Navarra onde casou co seu marido, pero pronto emigraron en busca dun futuro mellor a Arxentina cos seu tres fillos e logo, a Venezuela onde tiveron outros dous fillos máis. En Caracas montou o seu propio negocio de costura co que colaboraba cos ingresos familiares. En Venezuela permaneceu ata que a situación do país complicouse e un dos seus fillos necesitou asistencia médica. Nese momento, regresaron a España concretamente a Valencia. Desde fai seis anos vive cunha das súas fillas e o seu xenro. Nunha salita, con vistas ao mar, pasa as súas mañás sentada e rezando aos santos que sempre ten preto. "Traballou moi duro e non tivo unha vida fácil, agora tócalle descansar e que lle fagamos a vida o máis feliz que podamos", asegura a súa filla María Jesús.

0
0
0
s2sdefault