Concello de Sanxenxo - A OFICINA DE ACCEM COMEZA A FUNCIONAR UNHA VEZ AO MES E CON CITA PREVIA NA SEDE DE SERVIZOS SOCIAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 9 de xaneiro de 2025.- A oficina de asesoramento para inmigrantes de Accem comezará a funcionar o vindeiro 29 de xaneiro, unha vez ao mes e con cita previa na sede de Servizos Sociais en Portonovo. O servizo é froito da colaboración e do bo entendemento entre o Concello de Sanxenxo e a ONG durante a acollida de refuxiados no municipio durante estes dous últimos anos. A periodicidade da atención poderá modificarse en función das necesidades e da demanda do servizo.

Co obxectivo de ofrecer a mellor atención personalizada, será preciso solicitar cita previa a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou do teléfono 986 727 901. Será necesario achegar o nome completo, o teléfono e o lugar de empadroamento. Na cita será fundamental levar toda a documentación dispoñible que poida ser necesaria para os trámites.

Os servizos que se ofrecerán inclúen atención técnica especializada en materia de estranxeiría e nacionalidade, así como orientación xeral noutras ramas do dereito e información sobre formas de regularización, solicitude de autorizacións iniciais, arraigos e renovacións de residencia, así como a presentación de trámites a través da Plataforma Mercurio e os trámites para a obtención da nacionalidade española.

O obxectivo deste acordo é fomentar e mellorar a acollida de refuxiados na localidade, así como facilitarlles os trámites administrativos que, nalgúns casos, pola barreira do idioma, resultan moi complicados. Este servizo ofrecerase a través do programa Gadea, financiado pola Xunta de Galicia a través do IRPF social, baseado en asesoramento técnico especializado no ámbito xurídico-social.

0
0
0
s2sdefault