Concello de Sanxenxo - O AUDITORIO EMILIA PARDO BAZÁN ACOLLE UN DOCUMENTAL CONMEMORATIVO DO 30 ANIVERSARIO DA MADAMA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 23 de abril de 2025.- O Auditorio Emilia Pardo Bazán acollerá o vindeiro mércores, 30 de abril, a proxección do documental realizado por Paco Salgueiro no que se conmemora o 30 aniversario da Madama de Silgar do escultor Alfonso Vilar. Na peza, cunha duración aproximada de 37 minutos, participan o concelleiro de Turismo, Juan Deza, así como a filla do artista, Ana María Vilar; o exalcalde José Luis Rodríguez, así como veciños do municipio que explicarán a importancia que ten a escultura para Sanxenxo. A entrada será libre ata completar aforo. A proxección comezará ás 20 horas e tras a emisión poderase gozar da actuación de Portonovo Canta e de Cantos de Taberna de Soalleira Dorrón.

O autor do documental, orixinario de Viveiro, está afincado desde o pasado mes de novembro no lugar de Reis, na parroquia de Padriñán. “Gústame moito a historia e todo o que rodea á tradición dos lugares”, explica. “Coincidindo co aniversario da Madama pareceume unha boa idea facer este documental falando coas persoas que permitan facer unha idea do que supón a figura da Madama para Sanxenxo”, asegura.

0
0
0
s2sdefault