Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LEVARÁ A PLENO A CUALIFICACIÓN DA PARCELA DE AS CUNCHAS COMO EQUIPAMENTO PÚBLICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O cambio suporá un maior beneficio social para os veciños, tal e como sempre defendeu o goberno

Sanxenxo, 15 de outubro de 2025.- O goberno levará a un Pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro luns o cambio de cualificación da parcela de As Cunchas de zona verde a equipamento público. O obxectivo é que a finca expropiada á familia Rocafort poida beneficiar a todos os veciños de Sanxenxo, como sempre defendeu o goberno. Cómpre lembrar que, por esta expropiación, o Concello aboou un total de 13 millóns de euros, incluídos os viarios.

Desde a perspectiva urbanística, trátase dunha parcela enclavada entre edificacións da máxima altura permitida e pechada sobre si mesma, con pouco interese ou atractivo para o seu uso como zona verde. Sobre todo, tendo en conta a proximidade do parque de Punta Vicaño (21.000 m²) e do PEI13, que inclúen espazos libres, amplos e accesibles.

A posibilidade deste cambio de cualificación aparece recollida na Lei do Solo de Galicia:
“O Concello en Pleno, por maioría absoluta e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, poderá acordar o cambio de uso dos terreos reservados para equipamentos ou dotacións públicas por outro uso dotacional público distinto, sempre que se manteña a titularidade pública ou se destine a incrementar as zonas verdes e os espazos libres públicos. Para os efectos do disposto neste número, entenderase que teñen tamén a condición de equipamentos ou dotacións públicas os que sexan de titularidade pública aínda que non figuren no planeamento urbanístico con tal condición”.

En definitiva, a partir do cambio de cualificación do solar de case 2.000 m², o goberno disporá dun maior abano de posibilidades de uso social, cultural, educativo…

0
0
0
s2sdefault