Concello de Sanxenxo - AS ÁREAS MUNICIPAIS DE OBRAS, XARDÍNS E PRAIAS TRASLÁDANSE Á NOVA NAVE DE SERVIZOS DE NANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

A edificación ten unha superficie de 3.800 metros cadrados e está situada no parque empresarial

Sanxenxo, 19 de decembro de 2025.- Os servizos municipais de Obras, Xardíns, Electricidade e Praias comezaron hai semanas o traslado á súa nova sede, unha nave de 3.800 metros cadrados situada no parque empresarial de Nantes. O cambio de localización permite centralizar de forma máis eficiente os servizos e aforrar 40.000 euros ao ano polo alugueiro do almacén. A parcela municipal na que se atopa a nave ten unha superficie de 8.343 metros cadrados. “Esta nova edificación permítenos unha mellor distribución e organización do material e do traballo”, asegura o concelleiro de Medio Ambiente, Mantemento e Servizos, Yago Torres.

A nave susténtase mediante piares de formigón prefabricado sobre os que apoian cerchas a dúas augas prefabricadas. A cuberta da nave é de estrutura prefabricada como soporte da cobertura de paneis sándwich que actuarán como illamento. As fachadas da nave resólvense mediante paneis de formigón armado prefabricados e incorporan unha coroación trasventilada con paneis metálicos texturizados e paneis con elementos translúcidos de policarbonato celular e illamento intermedio.

O edificio conta con paneis solares co obxectivo de que sexa un edificio sostible e ecoeficiente. O exterior dispón dun aparcadoiro e un xardín. O acabado resolverase con formigón pulido e gres antiesvarante para os cuartos húmidos.

A cuberta executouse con estrutura prefabricada e panel sándwich para o illamento. Na carpintería exterior da nave, de aluminio anodizado, proxéctase a instalación de portais de acceso polas fachadas, de tipo corredizo e seccionais elevables. A terra extraída na parcela será reutilizada no acondicionamento da contorna da nave.

0
0
0
s2sdefault