Concello de Sanxenxo - XXVI Carreira escolar do Salnés
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Deportes

cartel carrera

Máis de 700 nenos e nenas participarán na Carreira escolar do Salnés.

A carreira escolar do Salnés, chega á súa XXVI Edición, e farao coa participación de 700 alumnos e alumnas de diferentes centros escolares da provincia, nun evento deportivo organizado polo Colexio Abrente, que unirá deporte e cultura.

As categorías nas que se divide a proba son as seguintes, divididas en masculino e feminino:

- Prebenjamín.
- Benjamín.
- Alevín.
- Infantil.
- Cadete.
- Afeccionado.

As inscricións faranse a través da web do Colexio Abrente.

Desde o goberno destacouse “o compromiso con este tipo de eventos deportivos e a importancia que ten o deporte na educación dos nenos e nenas, fomentando unha vida sa e saudable”.

0
0
0
s2sdefault