Concello de Sanxenxo - O ÚLTIMO DECRETO POLO COVID 19 REDUCE OS SERVIZOS MUNICIPAIS A UN 12% E INCREMENTA O TELETRABALLO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O último decreto emitido polo goberno de España no que se paralizan actividades non esenciais obrigou a reducir a un 12% os servizos municipais e incrementou o teletraballo, unha opción á que xa se había acollido parte dos traballadores. Os servizos que se manteñen en activo e sen ningún tipo de redución son a Policía Local, o Servizo de Emerxencias, Servizos Sociais, Limpeza así como de Abastecemento e Saneamento.

O decreto mantén, pero reducidos os departamentos de Intervención e Secretaría, e obrigou a paralizar por completo a área de Obras, Xardíns e Praias. Este endurecemento das medidas para frear o Covid 19 tamén supuxo o peche da oficina de Nauta, ata agora mantíñase con atención telefónica, e tan só manterase o control e vixilancia dos pantaláns do porto. O aparcadoiro de Nauta mantense aberto cunha redución tamén no persoal.

O persoal da oficina de Medio Ambiente en Vilalonga, o Pazo de Emilia Pardo Bazán e a área de Urbanismo tamén se viu afectado o decreto. As oficinas de Ínsula , situada no polígono de Nantes, e de Terra de Sanxenxo están pechadas.

A paralización de actividades non esenciais freou desde este luns obras importantes en Sanxenxo como a construción do novo colexio de Vilalonga, o Pazo de Quintáns, a última fase do Priorado de Arra, o Skate Park, a senda da PO-308 ao seu paso por Major e ata Portonovo e pequenas obras de saneamento en marcha en varias zonas do rural.

0
0
0
s2sdefault