Concello de Sanxenxo - A CONSTRUCIÓN DA PLATAFORMA NO CRUCE DE VIDAL ROCHA E O PASEO DE SILGAR OBRIGA A DESVIAR O TRÁFICO AO PORTO POR VIÑA DÁ FONTE E AVENIDA DE MADRID
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A construción da plataforma no cruzamento de Vidal Rocha e o Paseo de Silgar obrigará a cortar mañá durante a mañá o tráfico nun tramo de Vidal Rocha, concretamente na confluencia coas rúas Ramón Cabanillas e Fonte de Ramos, e a desviar o tráfico que queira dirixirse ao porto polas rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e habilitar o dobre sentido, regulado por dous policías locais, en Rúa Madrid. A actuación enmárcase dentro do plan de semipeatonalización do Paseo de Silgar anunciado polo goberno local e que continuará co pintado e sinalización do viario. 
A actuación prevista mañá esténdese nun tramo en T de aproximadamente 300 metros que quedará á altura do paseo formando unha plataforma única na que se priorizará ao peón.
0
0
0
s2sdefault