Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PORÁ EN MARCHA UN PROTOCOLO ANTI COVID NOS CEMITERIOS O DÍA DE TODOS OS SANTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo despregará un dispositivo especial anti covid para garantir as medidas de seguridade sanitaria no Día de Todos os Santos. Coincidindo co día de maior número de visitas aos camposantos, o goberno local fai un chamamento para que se realicen de forma graduada para evitar aglomeracións durante esa xornada. A Policía Local controlará o aforamento e o cumprimento de restricións nos sete cemiterios do municipio: Sanxenxo, Dorrón, Bordóns, Nantes, Portonovo, Noalla e Vilalonga.

O Concello recomenda reducir o tempo de estancia no camposanto e lembra o uso obrigatorio de máscara, o mantemento da distancia social e a limitación de aforamento. "É fundamental para parar esta pandemia a responsabilidade individual respectando o uso de máscara, ou distanciamento social e o lavado de mans", asegura o alcalde, Telmo Martín.

Nos cemiterios de titularidade municipal como o de Sanxenxo e o de Dorrón ampliarase o horario de apertura o Día de Todos os Santos, de 9 a 21 horas, e desdobraranse os itinerarios de entrada e saída para evitar aglomeracións nos accesos. Os baños de ambos os camposantos limparanse cada hora e media para garantir o perfecto mantemento durante unha xornada con especial afluencia. En distintos puntos haberá dispensadores de xeles desinfectantes e colocaranse carteis nos que se lembren as medidas sanitarias obrigatorias.

Durante a mañá de onte comezouse coa colocación da cartelaría e tamén dos valados para marcar os itinerarios dos accesos de entrada e saída de ambos os cemiterios municipais.

0
0
0
s2sdefault