Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PORÁ A PUNTO OS ESPAZOS PÚBLICOS DO MUNICIPIO CUN OPERATIVO DE LIMPEZA ESPECIAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Os traballos concentraranse nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta durante un prazo estimado dun mes
 
Prazas, beirarrúas e outros espazos públicos empedrados serán obxecto dunha limpeza especial durante as próximas semanas. O obxectivo da Concellería de Medio Ambiente é a posta a punto do municipio cun tratamento preventivo que permitirá eliminar non só a sucidade senón tamén o verdín xerado polas intensas choivas nas zonas máis sombrías. Ademais, realizarase tamén unha limpeza integral das papeleiras tanto interior como exterior que permitirá unha mellor hixiene e conservación das mesmas.
 
Os traballos concentraranse nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta durante un prazo estimado dun mes. Na lista inclúense as rúas e zonas máis trasitadas que requiren unha maior atención.
En Sanxenxo o operativo centrarase na Avenida de Madrid, Constitución, Cesteiros, Viña da Fonte, Augusto González Besada, San Isidro, Praza de Portugal, Paseo de Silgar, Rúa Vidal Rocha, Rúa Ourense e Rúa dos Quinteiros.
En Portonovo actuarase en Rafael Picó, Rúa da Mariña, Areal, Méndez Núñez, Santa Catalina, San Roque, Praza do Enxido, Rúa dás Flores, A Unión, Lalinde do Rio, Rúa dá Paz, Pontevedra, Ourense. En Vilalonga, centrarase na Estrada Xeral e Praza Pública. Tamén está previsto actuar na Estrada xeral da Revolta.
 
Os traballos realízanse mediante furgón, cun depósito GRG e hidrolimpadora a presión, previo pulverizado de clorito nas zonas de verdín. Nalgúns espazos non se aplicará o baldeo coa hidrolimpadora, pero se pulverizará ou se aplicará o clorito e/ou herbicida para eliminar o verdín ou as malas herbas, segundo proceda.
 
A Concellería de Medio Ambiente tamén está a realizar melloras nalgúns areais de face á tempada estival como Major ou Pragueira coa colocación dunha pasarela e coa protección dunar en Foxos e Areas Gordas. 
 
0
0
0
s2sdefault