Concello de Sanxenxo - SANXENXO REPARTIRÁ 100.000 EUROS DE AXUDAS A ENTIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS E DEPORTISTAS INDIVIDUAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e a edil de Facenda, Paula Martínez, mantiveron un encontro con representantes dos clubs

O Concello de Sanxenxo publicou nestes días as bases para a concesión de 100.000 euros de axudas a entidades deportivas municipais e deportistas individuais na tempada 2021/2022. O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e a edil de Facenda, Paula Martínez, mantiveron un encontro con representantes dos clubs para explicarlles os requisitos das subvencións que de se concederán por concorrencia competitiva.

As axudas divídense en dúas liñas:

- Para asociacións e entidades deportivas relacionadas con gastos federativos, vestimenta, transporte manutención e aloxamento, gastos relacionados co material deportivo non inventariable, salarios e cotas da seguridade social e produtos básicos de farmacia.

- Para deportistas individuais, gastos de manutención e aloxamento, de desprazamento e de inscrición nas competicións.

O Concello xa reservou unha partida de 100.000 euros, dos cales, 10.000 euros repartiranse entre deportistas individuais e 90.000 entre asociacións deportivas. Con carácter xeral as axudas a clubs serán dun máximo de 15.000€ e un mínimo de 500€. En caso de deportistas individuais o importe máximo por desprazamento será de 2.000€. Estas subvencións son compatibles con outras axudas sempre que o importe non supure o importe 100 % do custo da actividade.

Entre os criterios de valoración atópanse o número de licenzas federativas masculinas menores de 16 anos e o de licenzas federativas femininas, o ámbito de competición do equipo de referencia e dos equipos de base, as licenzas de deporte adaptado e os adestradores titulados con licenza federativa.

O prazo para solicitar esta subvención conclúe o 18 de maio.

0
0
0
s2sdefault