Concello de Sanxenxo - ESCOLARES DE PORTONOVO CELEBRAN O DÍA DO LIBRO CON LECTURAS AOS MAIORES DO CENTRO DE DÍA VIRXE DO CARME
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

📚 Escolares de Portonovo celebran o Día do Libro con lecturas para os maiores do Centro de Día Virxe do Carme

Sanxenxo, 23 de abril de 2025. – Escolares do colexio de Portonovo acudiron esta mañá ao Centro de Día Virxe do Carme para conmemorar o Día do Libro xunto aos maiores. Os 35 nenos e nenas, de 3º e 4º de Primaria, repartíronse en grupos para realizar lecturas de títulos como Paco Trolas, Pétala, O meu avó Carmelo, O moco máis rico do mundo ou Mari Luz avestruz. Na actividade participaron as concelleiras de Educación, Nati Parada, e de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago.

A dirección do Centro de Día quixo agradecer a visita cun mural no que os escolares puideron deixar a pegada das súas mans e cun agasallo moi especial: uns cravos entregados polos propios maiores. Unha xornada moi emotiva e diferente na que gozaron pequenos e maiores.

0
0
0
s2sdefault