Concello de Sanxenxo - A PRIMEIRA FASE DO BOMBEO DE PORTONOVO CONCLUIRÁ O PRÓXIMO MARTES CO ASFALTADO E PINTADO DE RAFAEL PICÓ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A segunda fase, que se iniciará en setembro, consistirá na prolongación da tubaxe e a colocación de bombas de impulsión

Sanxenxo, 12 de xuño de 2025.– A Avenida Rafael Picó recuperará o vindeiro martes o tráfico habitual de entrada e saída de Portonovo tras a finalización da primeira fase do bombeo. Estes días, os traballos céntranse no asfaltado do tramo afectado e no pintado da vía para a súa apertura.

A actuación desta primeira fase consistiu na substitución da tubaxe por outra de dobre capacidade, situada a nove metros de profundidade. Nunha segunda fase, a partir do mes de setembro, continuará o trazado da tubaxe ao longo de 250 metros ata o centro de saúde de Baltar. Ademais, colocaranse catro novas bombas de impulsión de 250 litros por segundo, unha delas de reserva, de 420 litros por segundo, o que supón case un 30 % máis de capacidade, así como a instalación de reixas e trituradoras máis grandes para trocear calquera sólido, mellorando así o envío das augas residuais cara á depuradora de Paxariñas.

Ademais, o bombeo conta cun tanque de tormentas cunha capacidade de 300 m³, equivalente a unha piscina cuberta. Trátase dun depósito que permite almacenar auga en momentos puntuais cando o caudal supera a capacidade da rede e enviala á depuradora unha vez recuperada a normalidade.

As obras do bombeo de O Espiñeiro forman parte dun proxecto máis amplo de mellora da rede de saneamento e depuración, incluído nun convenio entre Acuaes, Poio e Sanxenxo, cunha investimento de 24 millóns de euros. Outras actuacións relevantes incluídas: duplicación da capacidade da depuradora de Paxariñas, novo emisario submarino, mellora dos bombeos de Sanxenxo, Areas e Montalvo, e a construción de novos bombeos en A Granxa e Nanín.

0
0
0
s2sdefault