Durante a proba, organizada polo Club Pibe’s Team, renderase homenaxe a José Luis Lago, referente local deste deporte, falecido recentemente
Sanxenxo, 9 de xullo de 2025.– O pavillón de Vilalonga vivirá este sábado unha xornada de boxeo co Campionato Neoprofesional, organizado por Pibe’s Team. O presidente do club, Sebastián Laterza, e o concelleiro de Deportes, Voluntariado e Xuventude, Marcos Guisasola, presentaron esta mañá a proba acompañados do subcampión galego en Sanxenxo, Sergio Berreco.
Durante a velada, na que participarán catro deportistas da canteira do club local, realizarase unha homenaxe a José Luis Lago, referente local deste deporte, falecido o ano pasado. Lago foi proclamado Campión Galego en Almería no ano 1972 en peso medio. O boxeo era unha das súas paixóns, e quen o viu loitar asegura que tiña grandes aptitudes, pero os compromisos familiares obrigárono a colgar os luvas antes de tempo.
Na velada do sábado realizaranse un total de seis combates amateur, tres combates neoprofesionais, e a última loita xogará un título neoprofesional. A pesada comeza ás 18:30 horas, as portas abriranse ás 19:30 horas e o evento dará comezo sobre as 20:00 horas, rematando ás 23:00 horas. O prezo da entrada anticipada é de 17 euros e 20 euros en billeteira. “É un deporte que está medrando no municipio e que amplía o abano de disciplinas deportivas”, asegurou Guisasola.