Realizarán polo menos tres controis diarios ao longo desta semana en distintos horarios e puntos do municipio.
Sanxenxo, 15 de xullo de 2025.- A Policía Local adhirese á campaña especial de vixilancia e control do consumo de alcol e outras drogas na condución que se levará a cabo ao longo desta semana. A súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre dous e 15 o risco de sufrir un accidente.
Así, ata o domingo realizaranse ata tres controis diarios tanto nas vías interurbanas como nas urbanas co obxectivo de previr sinistros viarios provocados polo consumo de substancias ou alcol, unha das principais causas de mortalidade en estrada.
A Estratexia Española de Seguridade Viaria 2030 identifica como unha área estratéxica a Tolerancia cero cos comportamentos de risco que identifica as condutas do consumo de alcol e outras drogas como condutas contrarias á seguridade viaria.
Desde a Policía Local pídese colaboración e que se extremen as precaucións na condución, evitando coller o vehículo se se consumiu alcol ou calquera outra substancia que poida alterar a percepción da realidade e incrementar o risco de accidentes.