Concello de Sanxenxo - SANXENXO REDUCE EN XULLO A SÚA TAXA DE PARO ATA O 4,80%, UN DATO HISTÓRICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O número de parados baixa dos 407 de xuño ata os 382 do mes de xullo.

Sanxenxo, 5 de xullo de 2025.- Os datos de emprego de xuño xa foran moi bos cunha taxa de paro do 5,10%. Pero as cifras de xullo rompen dous récords ata agora inalcanzables. Sanxenxo nunca conseguira baixar dos 400 parados, ata os 382 desempregados de xullo. A taxa de paro tampouco fora nunca inferior ao 5%, ata o pasado mes que se reduciu ao 4,80%. O alcalde, Telmo Martín, afirma sobre os datos de emprego de xullo: “Sanxenxo non ten límites se todos sumamos e poñemos o mellor de nós mesmos”.

Baixar do limiar do 5% considérase tecnicamente pleno emprego, segundo os economistas unha taxa entre o 4 e o 5% é unha situación ideal que favorece o consumo das familias sen xerar tensións inflacionistas. Evolución do paro no mes de xullo dos últimos catro anos:

XULLOPARADOSTAXA DE PARO
2022 574 7,02%
2023 466 5,80%
2024 440 5,48%
2025 382 4,80%

O dato de xullo converte a Sanxenxo na poboación con menos paro dos 59 concellos de Galicia de máis de 10.000 habitantes. Se abrimos a comparación aos 313 concellos de Galicia, só hai 10 que teñen un paro máis baixo ca Sanxenxo e só un supera os 3.000 habitantes.

Tres factores explican o crecemento do emprego e da actividade económica de Sanxenxo nos últimos anos:
• Sanxenxo ten estabilidade e un rumbo ben definido.
• A aposta pola calidade nos servizos e nas instalacións do sector privado e público.
• O parque empresarial de Nantes.

0
0
0
s2sdefault