Concello de Sanxenxo - Nantes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Parroquias

Superficie: 4,3 km²

Número de habitantes: 771

Santa Eulalia de Nantes limita coas parroquias de Padriñán, Adina e Vilalonga e co Concello de Meaño. É a única parroquia do municipio que non está bañada polo mar, pero chama a atención polos seus verdes vales.

A súa actividade económica baséase no turismo e a agricultura, sendo os cultivos de vide e produtos de horta dúas das actividades propias desta zona.

Os seus núcleos de poboación son:

Bouzón, Buezas, Cachada, Cancela, O Casal, Contumil, Dadín, Gandra, Iglesia, Pazos, Pedroño, Pedrouzos, Revolta, O Santo, Seixomil.