Concello de Sanxenxo - A ONG SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI CONVOCA ÁS PERSOAS INTERESADAS EN COLABORAR CO PROGRAMA VACACIÓNS EN PAZ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

 

A reunión terá lugar este xoves, 16 de febreiro, no Usos Múltiples de Portonovo

 

A ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharaui convoca ás persoas e familias interesadas en colaborar co programa Vacacións en Paz a unha reunión que terá lugar no Usos Múltiples de Portonovo o vindeiro xoves, 16, entre as 19:30 e as 21 horas. Tras dous anos de pandemia, a ONG retoma un programa que se leva a cabo en Galicia dende hai máis de 30 anos e consiste no acollemento de nenos e nenas que viven nos campamento de refuxiados saharauis e pasan os meses de xullo e agosto na comunidade. O obxectivo é liberalos das altas temperaturas que no verán poden chegar a acadar os 50º á sombra.

A presidenta de Sogaps, Maite Isla, sinala que, tras dous anos de paron polo Covid, o reto é traer este verán 300 nenos e nenas de 8 anos que, por primeira vez, saian do campamento. “Xa contamos con duascentas familias acolledoras e precisamos cen máis. Sanxenxo leva anos colaborando, pero é a primeira vez que facemos a reunión no municipio e agardamos que veña moita xente a informarse para participar”, explica Isla.

Vacacións en Paz preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos nenos e nenas saharauis. Trátase de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharaui.

Para máis información:

Maite Isla

Presidenta de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui

678 727 382

0
0
0
s2sdefault