Concello de Sanxenxo - O alcalde e a concelleira de educación reuníronse co grupo de calidade educativa
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

Esta mañá celebrouse no Pazo Emilia Pardo Bazán, unha reunión do Grupo de Calidade Educativa, á que asistiron o Alcalde, Telmo Martín, Paz Lago, a concelleira de educación, técnicos da concellaría e representantes das diferentes ANPAS e centros educativos.

A asistencia do Alcalde estivo motivada, ademais do interese do goberno pola educación, por un tema a tratar na xuntanza relativo á educación viaria e a seguridade.

Na primeira reunión do grupo de calidade deste curso acordouse escoller como tema común para todos os centros a segunda parte da seguridade viaria pero esta vez tamén incluíndo os familiares dos nenos e nenas.

O accidente de tráfico é a segunda causa de morte infantil, e un datos así fainos ser aínda máis conscientes da necesidade de introducir a educación viaria nos centros escolares, partindo dende os máis pequenos para construír neles unhas estruturas sólidas nesta materia.

Pero, para que os pais actúen como exemplo en moitas ocasión é preciso realizar accións formativas cos adultos. Normas como levar a cadeiras de retención ben suxeitas, poñer o cinto de seguridade, estacionar en zonas habilitadas, cruzar por pasos de peóns, ou saír da casa co tempo suficiente son normas que todos coñecemos pero que en moitos casos non se cumpren nin se respectan e provocan accidentes en ocasións con graves consecuencias.

As accións presentadas polos centros educativos e polo goberno na reunión centraranse en dúas liñas. A primeira de elas, a liña educativa, con actuacións nos propios centros e varexouse a posibilidade de  facer  tamén algunha publicación. 

É aquí onde se potenciará a figura do PoliPaco, unha persoa imprescindible neste ámbito que educará e sensibilizará aos pais no ámbito da educación e a seguridade viaria. Para isto, os familiares dos alumnos poderán participar en actividades organizadas por el, á entrada e á saída do centro. Que no caso de non cumprilas de forma correcta poderán supoñer unha “sanción”, que será entregada por parte do propio alumnado ás súas familias.

A outra das liñas céntrase na vía executiva, que será onde actuará a Policía Local no caso de non cumprir coa Lei.

Por outra parte, o Alcalde trasladoulle as súas ideas e a súa preocupación pola  educación. Foi por isto que como o debate dará para largo se acordou unha reunión proximamente na que se escoiten propostas de como proxectar un futuro educativo común, tendo como proxecto piloto o que se vai a realizar para o novo colexio de Vilalonga.

0
0
0
s2sdefault