Concello de Sanxenxo - O FOTÓGRAFO XURXO LOBATO PRESENTA HOXE NA SALA NAUTA O LIBRO “GALICIA É UNHA FESTA”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Culture News

O exemplar recolle imaxes das celebracións de interese turístico internacional, nacional e galego e conta con reseñas en inglés, galego e español

O fotógrafo Xurxo Lobato que leva máis de corenta anos retratando Galicia presentará hoxe na Sala Nauta o libro “Galicia é unha festa” no que se recollen imaxes das festas de interese turístico nacional, internacional e galego. O acto no que se realizará unha proxección audiovisual coas imaxes do exemplar contará coa presencia da concelleira de Cultura, Paz Lago, e Nava Castro . A situación sanitaria obrigará a limitar o aforo a 30 persoas.

A presentación organizada pola Librería Nós conta coa colaboración do Concello de Sanxenxo fará un repaso polas distintas celebracións singulares de Galicia como a Festa do Cocido de Lalín ou a Festa do Marisco do Grove pasando pola Festa do Nazareno da Pobra do Caramiñal ou a Festa de San Roque de Betanzos, a Festa do Albariño de Cambados ou a Festa da istoria de Ribadavia, entre outras moitas.

Capítulo especial adica o autor ao Entroido. “É o tempo da transgresión, de vivir a liberdade, de romper tabúes. Canod se retrata salta a complicidade entre o fotógrafo e a máscara. Disfrazaste para ser visto e fotografiado, eres outro”, asegura o autor no prólogo do libro. Os Volantes do Entroido Ribeirao (Lugo), o Entroido de Cobres (Vilaboa), Os Vellaróns de Riós (Ourense), o Entroido de Manzaneda, o Entroido de Buxán (Ourense), Os Felos de Maceda (Ourense), O Ravachol (Pontevedra), Os Osos de Salcedo (Lugo), O entroido de Samede (A Coruña) ou As Pantallas de Xinzo (Ourense) son só algúns dos entroidos que aparecen en “Galicia é unha festa”. O autor adica o libro aos seus pais, Lila e Toncho, “grandes festeiros”.

0
0
0
s2sdefault