Concello de Sanxenxo - O vindeiro venres terá lugar unha reunión informativa sobre a Rúa Progreso
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O vindeiro venres día 16, ás 20.30 h. no salón de plenos, terá lugar unha reunión informativa para explicar pormenorizadamente a execución das obras da Rúa Progreso que empezarán proximamente.

Ao longo do día de hoxe, veciños e comerciantes serán notificados da convocatoria desta reunión co obxectivo de que poidan asistir se están interesados en coñecer como se van a desenvolver paso a paso as obras.

Punto de inicio das obras, fases, prazos, medidas para compatibilizar a obra coa actividade cotiá da rúa, e demais detalles do proxecto, serán detallados nesta reunión á que tamén asistirán representantes da empresa encargada da súa execución.

 

 

0
0
0
s2sdefault