Concello de Sanxenxo - Esta semana comezarán as obras de instalación da rede de saneamento na Rúa Vento
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana comezará na Rúa Vento unha actuación para a instalación da rede de saneamento de augas pluviais e cruces para previsión de electricidade e telecomunicacións.

A execución deste proxecto redactado por técnicos municipais, ten un orzamento que ascende a 48.200€, financiados con fondos propios.

Así pois, para a canalización de pluviais instalaranse 250 m de tubaxe de PVC, que permita a súa recollida, así como un pozo de rexistro e arquetas sumidoiros. Tamén levará a cabo a canalización das liñas eléctricas e das liñas de telecomunicación.

 

 

0
0
0
s2sdefault