Concello de Sanxenxo - Festival de música solidario a favor de Cáritas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

DATA: Venres 7 de Decembro

HORA: 21:00 horas

LUGAR: Auditorio Pazo Emilia Pardo Bazán

DONATIVO: 5 €

ENTRADAS: as entradas poderanse adquirir o mesmo día en despacho de billetes ou con antelación a través dos voluntarios de Cáritas.

AFORO LIMITADO!!!

Coa proximidade das festas do Nadal faise máis patente o espírito de colaboración entre as persoas con vocación de axuda. Sen dúbida isto é algo que define á agrupación O Grove Sona. En febreiro deste ano puxeron a disposición das Caritas do Concello de Sanxenxo, de maneira desinteresada, o que mellor saben facer para axudar a que familias do municipio poidan cubrir as súas necesidades básicas.

Así, nun festival solidario fixéronnos gozar da súa música e das súas ganas de axudar durante máis de dúas horas. De novo repiten a iniciativa e con máis ganas, se cabe.

O venres 7 de decembro ás 21:00 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán terá lugar a cita solidaria á que poderán asistir todas aquelas persoas que queiran colaborar con esta causa a través dun donativo. A cantidade íntegra recadada será entregada a Cáritas do concello: Sanxenxo, Adina, Noalla e Vilalonga.

Este festival é posible grazas á entrega e dedicación do Grove Sona, diferentes casas comerciais e negocios de restauración, e tamén á colaboración dos artistas que de maneira desinteresada farán gozar ao público. Neste festival contaremos coa actuación de:

• ORQUESTRA EUROPA
• MANUEL MIGUEZ
• VOS FIRRAS
• MIGUEL DE COMBARRO
• TRIO JOSELITO
• ANTONIO MINIÑO
• DÚO LATINO
• PEPO SUEVOS
• TRIO ACUARELA
• A BANDA DO SEQUÍO
• PILI PAMPÍN
• JOSÉ COSTAS
• LUCÍA PÉREZ
• ANGEL ISRAEL
• CINCO EN ZOCAS

Debemos ter en conta que a relación que manteñen Servizos Sociais e Cáritas do Concello é de comunicación continua e traballo en equipo, optimizando recursos para que a atención chegue ao maior número de familias posible. Deste xeito Sanxenxo entende que, “desde a administración local temos a responsabilidade de formar equipo coas persoas que se unen para axudar, colaborando para que iniciativas como esta poidan levar a cabo. Por iso o único que desexamos é que o traballo e a disposición de todas as persoas que colaboran dean os seus froitos”.

0
0
0
s2sdefault