Concello de Sanxenxo - O goberno local reuniuse con asociacións de Vilalonga para presentarlles con detalle o proxecto do centro socio cultural e outros proxectos de Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Pincha aquí para consultar o proxecto

O xoves pola tarde, o goberno local mantivo unha reunión con diferentes asociacións de Vilalonga, para presentar os detalles do proxecto do Centro Socio Cultural, do novo colexio e da urbanización de Ou Revel.

40 representantes das diferentes asociacións, asistiron onte a esa reunión, convocada polo goberno local, onde puideron coñecer de primeira man como será esteticamente o Centro Socio Cultural de Ou Revel e detalles da súa distribución. Este centro estará situado nunha parcela de 2.500 m2, na que xa existe unha estrutura construída no ano 2008, cun investimento de 200.000€.

Na planta baixa das instalacións, con 870 m2, haberá un hall, un auditorio con 156 butacas e 3 vestiarios, unha cafetería, aseos, oficina de información, arquivo, gardarroupa e local de limpeza.

Na planta superior, de 633 m2 e con acceso independente, poderemos atopar un hall de entrada, a biblioteca, 3 aulas ou salas de reunións, 3 despachos e aseos. Na parte exterior 20 prazas de aparcadoiro.

Esta semana licitouse esta obra que ten un prazo de execución de 12 meses.

No referente ao colexio, informóuselles que nestes momentos está a redactarse o proxecto de construción, e que do mesmo xeito que se fixo onte co proxecto do Centro Socio Cultural, presentaráselle á comunidade educativa, en canto sexa recibido.

O novo colexio terá capacidade para 450 alumnos e alumnas, 6 aulas de infantil e 12 de primaria, aula de informática, biblioteca, ximnasio e dúas pistas deportivas cubertas. Ademais, diferentes despachos, sala de ANPA e de profesorado.

Aínda que os dous proxectos que máis chaman a atención son o centro socio cultural e o colexio, o goberno fixo fincapé na importancia e o alcance do proxecto de urbanización, no que se investirán 1,8 M€. Con este proxecto farase unha rede viaria de 4 rúas con dous carrís de 3m. cada un e beirarrúas a ambos os dous lados. Aparcadoiro e carril bici.

Unha nova rede de residuais con bombeo de máis capacidade, rede de pluviais e rede de abastecemento de auga. Ademais, unha rede de iluminación nova, cun centro de transformación e soterramento da liña de media tensión. Por último, levará a cabo a recuperación da zona do río con espazos de esparexemento.

O goberno local está satisfeito a reunión polas opinións e comentarios recibidos e destaca a importancia destes tres proxectos que xuntos suman unha cantidade de 7,3M€.

0
0
0
s2sdefault