Concello de Sanxenxo - A concellería de medio ambiente replanta o parque de Baltar e traballa para a replantación de Punta Vicaño
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Medio Ambiente comezou a plantación no parque de Baltar de 38 árbores en lugar dos 29 piñeiros que foran talados, polo risco que podían supoñer para a seguridade das persoas. Isto quere dicir que se replanta a totalidade de árbores retiradas e auméntase o número en 9 máis.

As especies plantadas son as seguintes:

  • 11 Acer pseudoplatanus.
  • 7 Piñeiros.
  • 2 Liquidambar.
  • 2 Loureiros.
  • 4 Chopos.
  • 2 Acer negundo.
  • 7 Acer platanoide.

Algúns dos piñeiros situados no parque de Baltar presentaban numerosos problemas de conservación e seguridade, o cal supoñía un perigo para os usuarios da zona, parque infantil e área recreativa. Nun informe de técnicos da Deputación de Pontevedra, recomendábase actuar con urxencia no parque público de Baltar, para evitar posibles danos ás persoas ou bens materiais, sobre todo ante a proximidade de datas na que aumentan os fenómenos meteorolóxicos adversos.

Neste informe destaca que esta situación supón un risco para unha contorna pública e máis para unha zona de xogos infantil. Por tanto, é “preciso eliminar os pés mortos, os puntisecos, os que presentan a cabeza ou a parte superior da copa rota, e tamén aqueles con maior inclinación ou moi dominados”. En base ao informe taláronse 29 piñeiros dos 90 que hai. Ademais de actuar sobre os piñeiros, foi necesario actuar sobre unha acacia negra de importantes dimensións que presentaba risco de caída.

Desde a concellería tomouse a decisión de realizar unha intervención urxente, para cortar esas árbores que podían supoñer un perigo debido á súa situación. Pois ademais de estar en mal estado, atópanse nunha zona preto do instituto de educación secundaria, dunha zona residencial e dunha zona deportiva composta por campos de fútbol e piscina municipal. Ademais, tamén hai unha zona de aparcamento e de transcurso dun viario.

 

PUNTA VICAÑO

Outro informe do Servizo Estación Fitopatológica Areeiro, pertencente á Deputación de Pontevedra, desaconsella a plantación nunha parte do Parque Vicaño, na que se produciu a morte de varios pés de árbores. Isto baséase nunha análise realizada do terreo nun laboratorio que confirmou a presenza de Phytophthora cinnamomi. Un fungo capaz de colonizar as raíces absorbentes de especies leñosas e fronte ao que non existe un tratamento curativo, pero se preventivo.

Precisamente niso traballa a concellería, en dar un tratamento a esa zona para tentar lograr unha recuperación adecuada do espazo que permita se replantación. Para o resto do parque de Punta Vicaño, os técnicos da concellería presentarán nos próximos días o proxecto de repoboación de especies, coa localización exacta das árbores que se instalarán.

 

0
0
0
s2sdefault