Concello de Sanxenxo - Esta mañá comezou a instalación da cuberta da pista polideportiva de Nantes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá o Alcalde estivo no Colexio de Nantes para ver o estado das obras de construción da pista polideportiva de Nantes.

As obras avanzan a bo ritmo e espérase que a próxima semana póidase instalar a parte superior da cuberta.

Lembrar que será unha pista de soleira de formigón de 20 centímetros de espesor, de 44 metros de longo e 28 metros de ancho, e a cuberta será a dúas augas, con faldóns de 44,50m. x 14,60m. Instalaranse os correspondentes canlóns e baixantes para a recollida de augas pluviais da cuberta.

A empresa adxudicataria propuxo unhas melloras, entre as que se atopa a substitución do panel sándwich de cuberta de 40mm de espesor proxectado, por un de 50mm.

Tamén propón a substitución dos acabados da chapa metálica que conforma o panel sándwich de cuberta propostos no proxecto, por un acabado exterior para ambiente mariño e acabado interior lacado, mellorando a resistencia aos raios UVA e a corrosión.

 

0
0
0
s2sdefault