Concello de Sanxenxo - Obradoiro de diversidade afectivo sexual en Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O próximo 12 de decembro ás 17.00h. terá lugar en Sanxenxo “Divers@s”, un obradoiro de diversidade afectivo-sexual, destinado a rapazas e rapaces a partir dos 14 anos.

Unha actividade da Consellería de Política Social, da Xunta de Galicia e de balde que se realizará na sala de espellos do Pazo Emilia Pardo Bazán, que ten como obxectivo dar a coñecer os conceptos relativos á identidade sexual e á orientación do desexo co fin de analizalos e diferencialos como elementos clave dentro do proceso de sexuación humana.

Para máis información sobre este obradoiro, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres e ao Centro de Servizos Sociais, en Portonovo, ou chamando ao teléfono 986727901.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault